O dono dunha cafetería de Noia sufre queimaduras ao incendiarse o local

incendiocafeterianoia_100_06082009.jpgNOIA> A cociña quedou totalmente calcinada e a fumareda obrigou a desaloxar as vivendas do edificio.

Un bo susto levaron os clientes que almorzaban na cafetería Lugar Novo, emprazada na rúa Galicia en Noia. Contra as oito da mañá un incendio calcinou por completo a cociña do local e causou importantes danos materiais na interior da cafeteria e no almacén, estrangando a mercadoría que esta alí gardada. As lapas inicíaronse nunha tixola que estaba ao lume, onde o propietario do local fritia churros para o almorzo.

No seu intento por tratar de sofocar as lapas, o propietario resultou ferido con queimaduras de segundo e terceiro grao na cara, nos brazos, no peito e nas costas. Rapidamente foi trasladado ao centro de saúde da localidade e posteriormente derivado ao Hospital Clínico de Compostela. A última hora da mañá regresou ao seu domicilio onde se repón das feridas causadas polo lume.

{flowplayer}barbanza/incendiocafeterianoia.flv{/flowplayer}

Ata o lugar do incendio desprazaronse efectivos do Grumir e da policia local de Noia, que conseguiron controlar o lume á media hora de iniciarse. O denso fume que invadiu o local obrigou a desaloxar as vivendas superiores para ventilar o edificio. Malia todo, ningún veciño resultou intoxicado pola fumareda e as poucas horas regresaron as súas casas.

Na espera de que un perito cuantifique os danos producidos polo lume, Manuel Magán xa é consciente que pasarán varios meses ata que poida reabrir o seu local.

Redacción Barbanza