BOIRO> Técnicos de Augas de Galicia desprazáronse á Boiro para manter un encontro con representantes do goberno local co fin de analizar o proxecto.
Aínda que a retirada das canalizacións do areal contaban co apoio unánime de administracións e veciños semella que a tala de árbores que contemplaba o proxecto dividiu á opinión pública.
O propio goberno local alertou á Augas de Galicia ó comprobar que había preto de setenta árbores marcadas para proceder ó seu corte, o que provocou malestar e alarma social. Técnicos do ente autonómico achegáronse para supervisar a zona comprobando que había máis árbores das debidas marcadas por persoas alleas á obra.
{flowplayer}barbanza/talaarboresbarrana.flv{/flowplayer}
O edil de Obras aclarou que o proxecto é necesario para sdolventar os problemas de vertidos. Explicou admeais que as obras se acometerán garantindo a seguridade e respectando o medio ambiente. Unha vez terminadas, está prevista a repoboación de varias árbores ó longo do paseo.
Esta actuación está financiada conxuntamente polos gobernos central e autonómico. Augas de Galicia acometerá o proxecto cunha inversión de tres millósnd e euros mentres que a Demarcación de Costas dependente do Ministerio de Meido Ambiente financiará unha segunda fase do saneamento cun millón de euros.
Redacción Barbanza