Denuncian a existencia dun vertedoiro ilegal en Pedras Vermellas

RIBEIRA> O Servizo de Protección da Naturaleza da Garda Civil, Seprona, investiga un vertedoiro incontrolado existente en Pedras Vermellas, en Palmeira, na zona na que se emprazará o futuro polígono industrial.

Os residuos acumulados son na súa maioría entullos de construción, pero tamén abundan plásticos e outros obxectos, incluso algún que outro electrodoméstico. A denuncia partiu dun particular que deu aviso ó Seprona para que abrise unha investigación ó respecto e dar co posible autor ou autores dos feitos.

Por lei, os ditos residuos teñen que ser recollidos de forma selectiva e trasladados a unha planta de tratamento autorizada.  Este tipo de vertidos son, por desgraza, unha práctica bastante habitual nos nosos montes. Os residuos xeran afeccións graves á vexetación. provocando tamén a contaminación das augas superficiais e soterradas da zona. Piden o seu desmantelamento urxente e solicitan a correcta limpeza, para devolver o espazo ó seu estado primitivo.