O concello de Ribeira censará as edificacións baleiras para evitar a súa okupación

RIBEIRA> A Policía Local de Ribeira censará as vivendas baleiras do municipio susceptibles de ser okupadas. Unha vez identificadas solicitarán ós propietarios a adopción de medidas para evitar a entrada de inquilinos ilegais.

A preocupación veciñal ante os crecentes casos de okupación levou ó concello de Ribeira a tomar medidas. A primeira delas é a elaboración dun censo coas vivendas baleiras susceptibles de ser okupadas que levará a cabo a Policía Local para o que solicitan a colaboración cidadá.

Ademais de requirir a adopción de medidas como o peche das edificacións para evitar que sexan okupadas, dende o concello non descartan estudar posibles sancións á Sareb co fin de previr danos sobre a vía pública ou riscos para a seguridade cidadá ante o mal estado que presentan as propiedades pola falla de mantemento.

O goberno local pretende deste xeito previr casos como o do bloque das Abesadas que se converteu nun foco de conflitos e actividades ilegais.