Boiro recupera os obradoiros de musicoterapia para maiores

BOIRO> A concellería de Política Social de Boiro vai organizar varios cursos de musicoterapia. A actividade, que se desenvolverá nos centros sociais de Boiro, Escarabote e Cabo de Cruz, está aberta a toda a veciñanza,  aínda que especialmente estará dirixida a maiores de 60 anos.

A concellería de Política Social recuperará a actividade de musicoterapia, unha proposta que contaba cunha alta aceptación entre a veciñanza e que foi suspendida a raíz da pandemia. Aberta a toda a poboación, está especialmente dirixida a maiores de 60 anos. Desenvolveranse catro sesións, en función da demanda. Dúas en Boiro, outra en Escarabote e tamén en Cabo de Cruz.

A actividade terá un custe anual de 6’87 euros e estará impartida por Esperanza Mara.

Para máis información ou inscribirse, as persoas interesadas en asistir a esta actividade poderán dirixirse ó departamento de Servizos Sociais a partir do vindeiro luns.