![]()
O GROVE> Preto de 70 cativos participaron nun obradoiro de gastronomía no último día de vacacións do Entroido.
{flowplayer}images/salnes/170210_escola_hostaleria.flv{/flowplayer}
As cociñas da Escola de Hostalería do Salnés eran un ir e vir de pequenos cociñeiros. Ataviados cos seus mandís e gorros de chefs, preto de 70 cativos pasaron unha mañá de Entroido diferente, e sobre todo, moi doce. ¿E que é o que aprenderon? A crear figuras con froitas e hortalizas, a elaborar zumes e trens de biscoito con larpeiradas ou bañar galletas en chocolate. Pero sen dúbida, a actividade que triunfou foi o obradoiro de rosquillas. E a lección parece que lles quedou ben aprendida.
Pero a mañá dou para moito máis que para facer rosquillas. Outra das actividades na que máis se divertiron os pequenos foi no taller de froitas. E non é de estrañar que estes pequenos teñan tanta maña nos fogóns. Moitos deles son auténticos cociñeiros nas súas casas.
E despois de tanto traballo, remataron cunha merenda na que saborearon todas as súas creacións.
Redacción Salnés








