Os mariscadores da ría de Muros-Noia regresaron xa ó traballo

NOIA> Fixérono unha semana despois do inicialmente previsto, unha vez que o Intecmar levantou o peche cautelar pola toxina. Nestes primeiros días as sensacións son maioritariamente positivas.

Unha semana despois do inicialmente previsto por mor da presenza da toxina, os máis de 1.500 mariscadores das agrupacións de a pé e de a flote que traballan na ría de Muros-Noia iniciaron a campaña extractiva. Despois de meses parados, xa había moitas ganas de regresar ós areais.

Nestes primeiros días as sensacións son positivas, aínda que moitos produtores están a ter dificultades para coller os cupos, principalmente de ameixa, que escasea.

Os mariscadores confían en que as capturas e, principalmente os prezos, vaian a máis segundo vaia avanzando a campaña. Iso si, moi pendentes da evolución da toxina que pode botar por terra tódalas súas ilusións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí