![]()
BOIRO> Este xoves procedeuse á instalación do repetidor que permitirá os veciños de varios núcleos de Boiro poder recibir a sinal da TDT.
{flowplayer}barbanza/mellorastdtboiro.flv{/flowplayer}
Tal e como lle prometera o director xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, ós propios veciños de Vilariño e ós membros do executivo local, procedeuse á instalación dun repetidor que permitirá darlle solución defnitiva ós problemas de recepción de sinal da Televisión Dixital Terrestre.
O reemisor foi instalado por técnicos dunha empresa contratada pola Xunta e persoal municipal nunha torre que a compañía R posúe no polígono de Espiñeira.
Máis actuacións
Como sinalou o propio tenente de alcalde boirés o seguinte paso será a instalación tamén doutro repetidor na zona de Enseño. Con el garantirase case o 100% a recepción da sinal televisiva en todo o municipio.
Redacción Barbanza











