Multitudinario e emotivo homenaxe a Mari Luz Posse

    concentracion_posse_copia100.jpgCAMBADOS> Decenas de persoas achegáronse ó Concello para mostrar a súa repulsa contra o auto xudicial que deixou en liberdade ó presunto asasino de Mari Luz.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_POSSE.flv{/flowplayer}

    A concentración comezou cun emotivo minuto de silencio no que, a maior parte dos presentes, non puideron conter as bágoas. Ó remate un forte aplauso e miradas ó ceo, en recordo de Mari Luz, asasinada, presuntamente, pola súa ex parella,fai tres anos.

    A irmá da vítima, leu un manifesto cargado de sentimentos máis que de acusacións. Isabel Posse recoñeceu que non tiña ganas de acudir á homenaxe porque Cambados facíalle recordar todo o sucedido.

    Durante a súa intervención a irmá de Mari Luz, expresou a dor que está a pasar a familia vendo que o presunto asasino está tranquilamente na rúa.

    O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, e o presidente do consorcio de comercios do Salnés, Marcos González, mostraron o seu apoio.

    A familia aínda non ten noticias do recurso presentado fai oito días. Mentres seguen coa campaña de recollida de firmas. Xa levan máis de 3.000.

    Mañá venres haberá outra en Vilagarcía, ás nove da noite na Praza de Galicia.

    Redacción Salnés