A Xunta activa a Rede de Dinamización Comercial

    convenio_comercio100.jpgPONTEVEDRA> O conselleiro de Economía e Industria e o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra firmaron hoxe un convenio.

    {flowplayer}images/salnes/medidas_comercio.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, firmaron hoxe un convenio que permitirá activar por primeira vez en Galicia e en Pontevedra a Rede de Dinamización Comercial.

    Denominada Re-dic, esta iniciativa beneficiará a 35.000 comerciantes. A Xunta achegará máis de 400 mil euros para apoiar ó pequeno comercio galego. Para a provincia de Pontevedra irán 288.000 euros, onde se implantarán 35 puntos de información comarcal, amais de mesas locais por cada concello.

    O convenio asinado hoxe ten como finalidade establecer mecanismos de colaboración entre as diferentes administracións para reactivar o comercio, por medio de accións conxuntas. O conselleiro inaugurou hoxe tamén a primeira Oficina Provincial de Comercio, a través da que se informa, axuda e orienta ós comerciantes acerca das diferentes liñas de axuda. O seu traballo foi fundamental para a activación da Re-dic.

    Javier Guerra indicou que esta Re-dic se estenderá posteriormente a outras zonas de Galicia.

    Redacción Salnés