Novo caso de desaparición en Barbanza

    BARBANZA> Esta mañá tíñamos coñecemento tamén doutra desaparición. Trátase de José Manuel Bustos, un rapaz de 24 anos, natural de Lousame, que desapareceu a noite do mércores en Ribeira. Acudiu ó seu posto de traballo con normalidade, saiu ás oito da tarde, pero nun regresou á súa casa. A última vez que o viron viaxaba no seu vehículo, un SEAT Ibiza Gris escuro. A Garda Civil, así como a súa familia a través das redes sociais, piden a máxima difusión da súa fotografía, e ante calquera pista sobre o seu paradoiro poden chamar ó 062 ou ó 112.