Flores e murais en lembranza das vítimas

BARBANZA> O espazo de usos múltiples de Ribeira deu cabida ós actos centrais organizados polo concello e os centros escolares do municipio. A concelleira de Servizos sociais foi a encargada de inaugurar a xornada.

O acto proseguiu coa presentación do mural realizado polo colectivo xuvenil Morari que se colocará na praza Heroínas de Sálvora. A continuación, tomáronlle o relevo os alumnos de terceiro e cuarto da ESO dos distintos centros educativos que quixeron tamén alzar a voz contra a violencia

O acto pechouse co concerto a cargo da cantautora Cris Román. Tamén en Lousame, os escolares foron os protagonistas desta efeméride. Os máis de trescentos alumnos do CPI Cernadas de Castro participaron na creación do Xardín da Lembranza, un espazo no corredor do colexio no que plantaron flores co nome das víctimas da violencia de xénero.

Rematado este acto tivo lugar unha concentración ás portas da casa consistorial. A concelleira de Igualdade deu lectura a un manifesto no que destacou o firme compromiso do concello de Lousame contra a violencia e a desigualdade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí