O Liceo completa o aval para a concesión das dársenas 2 e 3

    rolda_liceo100.jpgVILAGARCÍA> A UTE Liceo – Incat depositou os 251.000 euros que completan o aval de 571.000 que reclamaba a Autoridade Portuaria …

    {flowplayer}images/salnes/rolda_liceo.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A UTE Liceo – Incat depositou os 251.000 euros que completan o aval de 571.000 que reclamaba a Autoridade Portuaria de Vilagarcía para ofrecer en concesión as dársenas 2 e 3.

    A directiva do Liceo espera que nun par de semanas a Autoridade Portuaria lle entregue as concesións totalmente liberadas dos actuais usuarios e poder arrancar as obras do novo porto deportivo. O presidente do Liceo advertiu que probablemente non lles cheguen os 28 meses de prazo previstos para desenvolver as obras, por mor das circunstancias económicas actuais. Álvaro Paz informou que tiveron que aceptar unhas variacións nos pagos da promotora que comprou o inmoble de Ravella e recoñece que a demanda de prazas no porto deportivo tamén lles influirá.

    Os responsables do Liceo aclararon tamén que o proxecto non se ve afectado pola sentenza xudicial que anula a asemblea extraordinaria de xullo de 2009. Lembran que un ano antes os socios xa facultaran en asemblea ó presidente da entidade para aceptar os compromisos asociados á concesión das dársenas do porto deportivo. Acordo que foi certificado pola Avogacía do Estado.

    A directiva do Liceo aclarou tamén a situación da antiga sede de Ravella. Aseguran que os terreos xa están vendidos e polo tanto xa non lles afectan os contenciosos presentados polos veciños por mor das licencias de derribo e construción outorgadas polo Concello.

    Sobre a finca de A Boulla din que queda atravesada polas obras do AVE e polo tanto é imposible facer alí nada. O Liceo loita agora no xulgado de expropiacións por un prezo xusto, xa que Fomento ofrece 90 mil euros, cinco veces menos do valorado pola Xunta no cobro dos tributos xerados pola súa compra.

    Redacción Salnés