‘Só’ no Camiño de Santiago

    carlos_blanco_100_220210_copia.jpgVILAGARCÍA> O humorista Carlos Blanco abre coa súa experiencia como peregrino un ciclo de monologuistas no Auditorio.

    {flowplayer}images/salnes/220210_carlos_blanco.flv{/flowplayer}

    Miguel Lago, Cándido Pazó, Luís Piedrahita e Carlos Blancos. Estes son os catro humoristas que compoñen o cartel do ciclo de monólogos que terá lugar desde este venres e durante o vindeiro mes no Auditorio de Vilagarcía. O encargado de romper o xeo será Carlos Blanco e o seu espectáculo ‘Só’, un monólogo baseado na súa experiencia como peregrino a Santiago de Compostela.

    A deste venres será a función número 20. Desde a súa estrea en Lugo, máis de seis mil espectadores gozaron co humor de Carlos Blanco. Este venres no Auditorio o espectáculo comezará ás nove da noite. Durará ó redor dunha hora e dez, e as entradas xa se poden adquirir na billeteira electrónica de Caixanova. Os prezos varían entre os 5, 7 e 8 euros en función da zona.

    Redacción Salnés