Alfredo Bea crea o Partido Galeguista Demócrata

    ALFREDO_BEAcopy.jpgGROVE> A escisión do partido galeguista foi o que provocou que buscase esta alternativa. Aínda non decidiu baixo que siglas irá ás municipais.

    {flowplayer}images/salnes/PARTIDO_GALEGUISTA_DEMOCRATA.flv{/flowplayer}

    A escisión do partido galeguista provocou que o actual edil de O Grove, Alfredo Bea, aínda non decidise baixo que siglas se vai a presentar ás vindeiras eleccións municipais. Segundo as súas palabras, a falta de xestión por parte dos que estaban ó cargo do partido e a sensación xeneralizada de indefensión entre os membros da formación foi o que desencadeou esta situación.

    E ante a falta dun acordo entre ambas partes, decidiron constituír o Partido Galeguista Demócrata. Aínda que polo momento non está nada decidido. Se chegan a un acordo prensentaranse como Partido Galeguista senón baixo as novas siglas. Neste caso, tal e como explicou Bea, os seus compañeiros seguirán pola vía xudicial para recuperalas siglas.

    Sexa baixo unhas siglas ou outras Alfredo Bea presentarase ós comicios do 22 de maio. Aínda que non teñen unha candidatura formal, todo apunta a que el mesmo repita como cabeza de lista. Sinalou, que son os veciños de O Grove os que teñen que valorar o traballo realizado ó longo destes catro anos.

    No caso de que cheguen a un acordo será despois das eleccións cando celebren un congreso e se arranxe definitivamente esta situación.

    Redacción Salnés