A CIG desmárcase dos demais sindicatos e mobilízase en solitario

    cig_reforma_laboral_100_230210_copia.jpgVILAGARCIA> A formación galega considera a CCOO e UXT responsables en parte do deterioro laboral do país como actores no diálogo social.

    {flowplayer}images/salnes/230210_CIG_POR_REFORMA_LABORAL.flv{/flowplayer}

    A CIG considera que os actores implicados no diálogo social co Executivo Estatal, os sindicatos Comisións Obreiras, UXT e a patronal, son responsables en parte do deterioro que está a sufrir o mercado laboral no país. Segundo representantes da CIG, os acordos que acadaron non fixeron máis que agudizar a perda de poder adquisitivo da clase traballadora. Aseguran que o problema non está na saúde da Seguridade Social, nin sequera na propia configuración do mercado laboral, senón na falta de políticas que freen ós culpables da crise. A confederación intersindical ponlles nome: as entidades financeiras e a economía especulativa.

    Para a CIG, as reformas laborais que se están a propoñer non implican máis que perda de dereitos para os traballadores. E en canto a intención de cambiar o sistema de pensións, este sindicato lembra que xa no 2007 se fixo un recorte nos ingresos da seguridade social co acordo de CCOO, UXT, e a CEOE.

    É por isto que a CIG se desmarca da mobilización convocada por CCOO e UXT para o vindeiro dous de marzo e anuncian unha manifestación ó día seguinte ante o INEM ou o edificio da Seguridade Social de Vilagarcía. Será ás doce da mañá, logo de celebrar unha asemblea de delegados ás dez no Auditorio. No mércores seguinte, dez de marzo, planean outra mobilización a nivel comarcal pero en Pontevedra, coincidindo coa conmemoración do día da Clase Obreira Galega.

    Redacción Salnés