Unións Agrarias solicita unha reunión urxente da Mesa do Viño

     PONTEVEDRA> Reivindican que os prezos cubran os costes e que este conten cunha estabilidade ó longo de varios anos

    {flowplayer}images/salnes/UUAAMesadoVino_220213.flv{/flowplayer} 

    Ademais de pedir esta estabilidade nos prezos a varios anos, dende Unións Agrarias instaron á Consellería do Mar a promover entre as adegas a creación de contratos homologados, outorgando subvencións unicamente a aquelas que os fagan.

    Rías Baixas apenas produciu en 2012 doce millóns de litros, seis menos dos que foi quen de vender no exercicio anterior. Polo que segundo Xosé Ramón González é imposible que as adegas conten con stock.

    E é que Unións Agrarias quéixase de que os productores non sempre cobran o que se lles promete. Con todo, Xosé Ramón González quixo felicitar ó Consello Regulador por ter iniciado a actualización de censos e parcelas. 

    Dende Unións Agrarias engadiron que hai outros temas pendentes dos que falar: a fixación do obxectivo do rendemento por hectárea, que non pode ser igual cada ano e a posibilidade de utilizar a poda en verde como mecanismo de control.

    Redacción Salnés