![]()
VILAGARCÍA> A Fundación Fexdega e Zona Aberta, volven sumar os seus esforzos para organizar a quinta feira de Promoción do Comercio.
{flowplayer}images/salnes/EXPOFERTA.flv{/flowplayer}
En Expoferta poderase atopar todo tipo de cousas, dende os habituais de roupa e calzado, ata complementos, comunicación, sanidade e incluso piscinas. Van estar presentes os comercios de Vilagarcía, Cambados, Pontevedra, Vilanova, Sanxenxo, Caldas, e incluso de Rianxo e A Pobra. O obxectivo desta feira de gran proxección comarcal e incluso provincial, é apoiar ós comerciantes para dar saída ós stocks.
Dende Zona Aberta, Rocío Louzán, agradeceu a colaboración da Fundación FEXDEGA e desexou que a feira sexa moi beneficiosa.
A concelleira de Comercio, Rosa Abuín, manifestou todo o apoio do concello ós comerciantes nesta situación de crise económica.
Dende Xuventude, Ana Lorenzo, explicou que haberá unha zona lúdica para os máis pequenos, e así os pais poderán realizar as compras tranquilamente.
Expoferta terá lugar os días 12, 13 e 14 de 12 da mañá a 10 da noite, a entrada é de un euro.
Redacción Salnés









