O Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas centra a promoción turística de Sanxenxo en Fitur

SANXENXO> Sanxenxo tamén se promociona na Feira Internacional de Turismo. Este ano o municipio centra parte da súa campaña no Pazo de Quintáns.

Trátase dun Ben de Interese Cultural que o concello acaba de converter no novo Centro da Cultura Gastronómica das Rías Baixas.

No mostrador informativo co que conta Sanxenxo en Fitur, podemos atopar un folleto que ofrece información sobre o Pazo, centrado no seu valor patrimonial e a súa nova función de embaixador gastronómico das Rías Baixas.