Sanxenxo prepárase para acoller o regreso do rei emérito a España

Sanxenxo> Sanxenxo prepárase para a visita do rei emérito ao longo desta semana. Polo de agora descoñécese o día exacto no que Don Juan Carlos chegará a vila, pero o que está confirmado é a súa presenza durante o campionato de España de vela da clase 6 metros.

Con estas declaracións, o alcalde de Sanxenxo puxo fin aos rumores que sinalaban que o rei emérito regresaría a España para visitar Sanxenxo. Telmo Martín afirmaba que Don Juan Carlos estará presente no campionato de España da clase 6 metros que se disputará esta fin de semana na vila. A visita do rei emérito pon o foco en Sanxenxo, e o alcalde da vila mostra a súa satisfacción e alegría por esta visita.

O rei visitará Sanxenxo grazas ao cariño que sente pola vila e pola vela. Dende o Real Club Naútico de Sanxenxo celebran que a visita do monarca.

Por agora descoñécese o día no que rei chegará a Sanxenxo e onde se hospedará. Tampouco queda clara a súa partición patroneando o seu barco Bribón.

A propia veciñanza de Sanxenxo tamén agradece a visita de Don Juan Carlos.

Don Juan Carlos regresará a Sanxenxo con motivo do campionato de España da clase 6 metros da que é o actual campión. A cita servirá como previa do Campionato do Mundo que a vila acollerá en xullo e na que tamén se agarda a visita do rei.

Aínda que non se coñece cando chegará o rei emérito a Sanxenxo, si se agarda a súa presenza na presentación oficial da regata o venres pola mañá. As forzas de seguridade xa se preparan para despregar un dispositivo que evite calquera tipo de incidente durante a estancia de Don Juan Carlos en Sanxenxo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí