O conselleiro de educación vista o CEIP A Florida para estudar as melloras a realizar no centro

SANXENXO> O conselleiro de educación visita o CEIP plurilingüe A Florida de Sanxenxo para estudar as posibles melloras a realizar no centro. A escola ten máis de 50 anos de antigüidade e o director sinala como medias máis urxentes reformar o pavillón e toda a carpintería.

O CEIP plurilingüe a Florida de Sanxenxo conta con máis de 50 anos de antigüidade. O paso do tempo comeza a pasar factura ao centro, a pesar do bo estado que aparenta grazas ao gran coidado do persoal do escola.  Para estudar as posibles melloras a realizar no Plurilingüe de Florida, o conselleiro de educación visitou este venres as instalacións.

O centro conta con máis de 200 alumnos. Dende a dirección sinalaron algunhas das medidas máis urxentes, como mudar o sistema de calefacción e renovar o pavillón e a carpintería.

O concello tamén estivo presente na visita para apoiar a renovación da escola. Entre as propostas do goberno local está a de mellorar a accesibilidade do centro creando unha nova entrada e parada de autobuses.

Dende a consellería non quixeron falar por agora de prazos, pero si se comprometeron a estudiar todas as deficiencias do centro para actuar sobre elas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí