O BNG pregunta ó executivo sobre a función da antiga sede de Protección Civil

    bngrianxoedificioproteccioncivil_100_240210.jpgRIANXO> O BNG vén de solicitarlle ó executivo local a aclaración da situación na que se atopa o edificio municipal construído detrás da capela da Guadalupe.

    {flowplayer}barbanza/bngrianxoedificioproteccioncivil.flv{/flowplayer}

    O edificio en concreto polo que piden aclaracións dende as filas da formación frentista correspóndese coa antiga sede de Protección Civil. O executivo rianxeiro despois de que as instalacións sufrisen un incendio, decidiu intervir e reformar o inmoble. Segundo os nacionalistas sinalan que a actuación, aparentemente dende o exterior, semella que está rematada, máxime cando xa leva meses sen que os operarios realicen ningún traballo nela.

    Por esta razón e ante a posible finalización da reforma, dende o BNG pregúntaselle ó executivo que defina tamén a funcionalidade que se pretende neste edificio, xa que se especulou con varias posibilidades como que puidera se-la sede do novo xulgado ou da Policia Local.

    ‘Improvisación’

    Segundo eles esta situación non vén máis que a amosa-la parálise e improvisación coa que actúa o goberno local con estes e outros equipamentos que acumulan frecuentes demoras ou mesmo anulacións, como é o caso da partida orzamentaria destinada a aula de formación nos baixos dos edificos de protección oficial na Martela que desapareceu.

    Por outra banda os nacionalistas rianxeiros amosaron tamén a súa satisfacción porque se retomararan as obras da casa consistorial despois de varios meses paradas.

    Redacción Barbanza