VILAGARCÍA> Deu comezo xa a Liga Galega por equipos, na que participa o Fontecarmoa con 14 conxuntos. O Porto de Vilagarcía, o equipo que participa en División de Honra, non puido comezar con bo pé e perdeu na Coruña.
Unha temporada máis o Xadrez de Fontecarmoa presenta 14 equipos na Liga Galega, repetindo e histórica e masiva presencia do ano pasado nesta competición. O obxectivo do club volve a ser manter sete equipos por enriba da Terceira División e dar entrada á maior cantidade posible de xogadores xóvenes.
O mellor equipo milita en División de Honra, na máxima categoría. O Porto de Vilagarcía non puido debutar con victoria e caeu ante o Alexandre Bóveda da Coruña por un contundente 5-1. Notouse a diferencia de ELO entre os xogadores dun e doutro equipo. A nota positiva deuna o xoven Andrés Varela, que foi quen de gañar a súa partida.
En Primeira B tampouco foi quen de vencer o Casa da Xuventude que se desprazaba a Santiago para xogar ante o Algalia de Abaixo, un equipo recén ascendido pero moi veterano. O triunfo foi dos composteláns, pola mínima, 2,5 a 1,5, o que dá boa conta da igualdade da partida. A única victoria correpodeu ó xogador máis xoven do plantel, Julio Suárez.
Na Segunda, en duelos de rivaldade interna La Marina gañoulle ó McDonalds, e o Baños Print ó Deportes Rodas, mentres que o Restaurante A Pedra impúxose por 4-0 ó Fischer B por incomparecencia deste.
Da Terceira destacar a victoria do Novagalicia Banco sobre o Autobuses Pereira e do Valdumia sobre o Limpezas All Clearing.
En Cuarta, Bancaja e Distribuciones Lete empataron mentres que o Breogán C levouse os puntos de Vilagarcía tras vencer por 0-8 ó Vitaldent.
Redacción Salnés