![]()
NOIA> O executivo local elaborou un novo regulamento de limpeza viaria no que incrementará as sancións e se establecen novos conceptos de infracións.
{flowplayer}barbanza/ordenanzalimpezanoia.flv{/flowplayer}
En Noia, ouriñar, cuspir ou tirar desperdicios na rúa está sancionado con seis euros. Unha cantidade que resulta ridícula cando tramitar a multa sae máis caro que a propia sanción. Dende o grupo de goberno noiés consideran que é hora de actualizar a normativa de limpeza e castigar con máis rigor as actuacións incívicas dos cidadáns.
Deste xeito, se a normativa sae adiante, esta clase de infraccións pasarían a estar sancionadas con multas de entre cincuenta ata os setecentos euros. A normativa tamén afecta os propietarios de animais domésticos que estarán obrigados a retirar os excrementos.
Infraccións graves e moi graves
Cambiar o aceite ó coche na rúa, guindar folletos publicitarios ou almacenar cascallos de obra na rúa tipifícase como infracción grave. A multa pode chegar ós mil cincocentos euros. No capítulo de faltas moi graves figuran os destrozos no mobiliario urbano, ademáis do pago da reposición do elemento en cuestión, as multas poderían chegar ata os tres mil euros.
A nova normativa sobre limpeza será debatida no pleno que a corporación local celebrará este vernes. O alcalde espera contar co apoio do resto de forzas políticas e aprobar a proposta de forma inicial. Para completar esta ordenanza, o grupo de goberno espera contar coa participación dos cidadáns os que animan a facer aportacións no periodo de alegacións.
Redacción Barbanza








