Pérez Insua: “Bieito González é un especialista en traizóns”

ppnoiadeclaracionsbieito_100.jpgNOIA> O voceiro dos populares de Noia negou o pacto cos críticos do BNG, apoiando así a versión dada por Loli Caramés e Xosé Bernaldo Castro.

O voceiro dos populares de Noia afirmou que nin a súa formación política nin el mesmo se prestarían a un xogo político semellante como é o de pactar a alcaldía de Noia, algo, que asegurou, non pode dicir Bieito González. Pérez Insúa, que dixo non falar dende o resentimento, lamentou que o voceiro nacionalista botase por terra un proxecto como o de devolver ó mar á Noia movido unicamente por intereses persoais. Definiuno como un cínico político e de ser un especialista en traizoar os seus compañeiros.

{flowplayer}barbanza/ppnoiadeclaracionsbieito.flv{/flowplayer}

Pérez Insúa afirmou que agora Bieito González non pode tapar as súas carencias e as súas traizóns ó partido e os militantes, acusando ós seus propios compañeiros. O voceiro popular desvelou que González si formou parte da comisión de seguimento do proxecto de saneamento separativo. O nacionalista tamén estivo presente, acompañado de Castro e integrantes do PP de Noia, en varias xuntanzas co presidente de Portos para consensuar o proxecto de conservar o dique e retomar o espazo portuario de Noia.

Pérez Insua criticou ó nacionalista por dicir que non pactaría co PP porque non quería ir en contra da identidade do BNG.

Redacción Barbanza