MUROS> O capitán do Vega 5 estivo cinco meses secuestrado por piratas en Somalia. Numerosos veciños déronlle a benvida ó seu regreso a casa.
A redes sociais foron o punto de partida deste acto de benvida que reuniu a ducias de muradáns na diante da casa do concello. O grupo de Facebook ‘I love Muros’ foi o promotor da iniciativa. Todos, ca súa presenza, quixeron arroupar a Alfonso Rey, o capitán do Vega 5, liberado canda o seu compañeiro Alfonso García dun longo secuestro por piratas somalís.
{flowplayer}barbanza/homenaxecapitanmuros.flv{/flowplayer}
Na calorosa benvida integrantes da corporación municipal, a confraría de pescadores de Muros e un nutrido grupo de veciños que mostraron a súa alegría de contar con Alfonso de novo na casa.
Acompañado da súa dona, o capitán do Vega 5, agradeceu moi emocionado á homenaxe. Con voz entrecortada relatou a súa dura experiencia de cativerio en Somalia. Tamén se mostrou pesimista polo futuro doutros mariñeiros que traballan na zona.
O mariñeiro recibiu unha placa conmemorativa en recordo do feliz desenlace e para lembrar que xa comparte a liberdade con todos os seus familiares, amigos e veciños de Muros. O grupo de danzas Faltriqueira puxo o colofón a sinxela e emotiva benvida.
Redacción Barbanza