Outes contará cun centro de atención a pacientes con trastornos duais

centroresidencialoutes_100_100209.jpgOUTES> Vicepresidencia rehabilitará o antigo hospital de Outes para convertelo nun centro residencial de atención a persoas con trastornos duais.

{flowplayer}barbanza/centroresidencialoutes.flv{/flowplayer}

A Vicepresidencia da Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia investirá preto de cinco millóns de euros na creación deste novo centro residencial. As novas instalacións ubicaranse no antigo hospital de Outes e darán servizo a cincuenta persoas que padecen trastornos duais de toda a comunidade galega. Son pacientes con discapacidade intelectual que ademais padecen unha enfermidade mental ou un trastorno grave de conducta.

O departamentoa autonómico anunciou a adquisición dos terreos por valor de tres millóns de euros e o proxecto de rehabilitación do inmoble rondará os dous millóns de euros.

Novos usos

Deste xeito, poderanse poñer en uso unhas instalacións que, ata o de agora, se atopaban inutilizadas tal e como sinalou o alcalde de Outes, Carlos López Crespo. Ademais permitirán dar un importante servizo a toda a comunidade ó mesmo que se regularizan os conflitos xurdido en torno ó accionariado do antigo hospital que nunca chegoua funcional de xeito normalizado.

O novo centro, en réxime residencial, traballará na atención específica cara persoas con retraso mental límite, leve ou moderado. Contempla programas terapéuticos de carácter temporal que teñen por obxectivo facilitar a inclusión social cun retorno a recursos máis normalizados. Está previsto que reciba os primeiros pacientes no prazo dun ano.

Con estas novas instalacións, Outes convértese nun dos concello punteiros no eido dos Servizos Sociais posto que xa contan cun centro de día e teñen solicitado a Vicepresidencia unha miniresidencia para a terceira idade.

Redacción Barbanza