O Salón aterrará no mes de abril con máis de 150 actividades

Pontevedra> O Salón, contará nesta XIX edición, con máis de 150 actividades dirixidas a bebés, pequenos e mozos. Unha cita que se desenvolverá no Pazo da Cultura dende o 6 ao 29 de abril e que contará por primeira vez cun país internacional convidado, que será México. As mulleres de conto, a temática deste ano, estará moi presente ao longo destes 23 días de actividades.

A décimo novena edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil en Pontevedra aterrará no Pazo da Cultura do 6 ao 29 de abril con moitas novidades e pisando forte, xa que neste ano contará con máis de 150 actividades.

Unha edición que se engloba baixo o título mulleres de conto, xa que a perspectiva de xénero estará moi presente ao longo destes 23 días de celebración.

Un Salón que nos traerá moitas novidades, exposicións, a cultura de México, o Congreso de Mediación Lectora, música, teatro, espectáculos para bebés, pequenos e mozas e mozos, obradoiros, contacontos… do 6 ao 29 de abril o Pazo da Cultural será o epicentro da actividade cultural da Boa Vila.