![]()
PONTECESURES> O subdelegado do goberno, realizou unha visita ó concello para coñecer de primeira man as obras do Plan E 2009. No marco do FEIL se crearon 19 postos de traballo.
{flowplayer}images/salnes/PLAN_E_PONTECESURES.flv{/flowplayer}
O subdelegado do goberno foi recibido pola alcaldesa de Pontecesures, Mª Isabel Castro. Posteriormente, mantivo unha reunión cos voceiros municipais para facer balance das actuación realizadas co Fondo Estatal de Inversión Local 2009. Tamén se abordaron os proxectos que se van levar a caso co novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local. Deste xeito, Delfín Fernández sinalou que entre estes dous plans, Pontecesures vai recibir preto de 900.000 euros e vai dar emprego, en total, a 29 persoas.
A alcaldesa afirmou que sen o Plan E sería imposible executar a meirande parte das obras. Con máis de 555.000 euros, saneouse e se repuxo as beirarrúas de San Luis e Portarrajoy e acondicionouse a Prazuela de Pontecesures.
Para o 2010, esta localidade ten un orzamento asignado de preto de 337.000 euros. O novo FEIL, ten 3 novidades importantes: Os concellos recibirán o 85% da financiación no momento no que presenten o certificado de obra, poden adicar o 20% da inversión en gasto corente para actuacións sociais e poden pagar, con cargo ó FEIL, a redacción e a dirección dos proxectos.
Este novo plan se desenvolverá ó longo do 2010 e tamén está sendo xestionado polo Ministerio de Política Territorial.
Redacción Salnés







