Vilagarcía buscará terreos en todo o concello para o novo ambulatorio

    pleno_centro_saude100.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía buscará os terreos dispoñibles en todo o municipio para construír un novo ambulatorio.

    {flowplayer}images/salnes/pleno_centro_saude.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía buscará os terreos dispoñibles en todo o municipio para construír un novo ambulatorio e que non estean sometidos a unha revisión do PXOM. Foi o acordo ó que se chegou no pleno de onte á noite cos votos a favor de tódolos grupos agás IVIL, que se abstivo.

    O pleno de Vilagarcía foi interrompido onte á noite durante máis de media hora para que os portavoces analizasen as tres propostas presentadas sobre o novo centro de saúde. Finalmente o texto da moción que traía a pleno o bipartito refundiuse e o PP conseguiu incluír a execución dun estudo sobre os terreos dispoñibles.

    Fole criticou a insistencia do bipartito por defender só a Comandancia e dicir que en Sobrán e Sobradelo sería preciso unha revisión do PXOM para ter terreos. A edil de Sanidade, Victoria Hierro, asegurou que van esixir a mellora do consultorio periférico de Vilaxoán pero reiterou que o conxunto do concello precisa un centro grande e de fácil acceso.

    Esquerda Unida admitiu a necesidade dun novo ambulatorio en Vilagarcía pero considerou este debate unha perda de tempo e unha cortina de fume para non falar do problema real, que é o hospital do Salnés. No texto definitivo non se recolleu a proposta de IVIL, que pedía un ambulatorio en Vilaxoán, outro nos terreos da Comandancia e incluso un terceiro na zona de Carril.

    Redacción Salnés