O Concello di que 93 por cento dos veciños está a favor da ronda en Sanxenxo

    SANXENXO> Despois de presentarse as alegación ó proxecto da Avenida Aviador Piñeiro, o Concello de Sanxenxo afirma que o 93 por cento dos veciños afectados pola ronda está a favor da mesma. Segundo o alcalde, Telmo Martín, as afirmacións feitas pola oposición respecto este proxecto non se corresponden coa realidade.

    Segundo Telmo Martín, presentáronse 109 alegacións das que só 87 corresponden a alegantes. Das 68 alegacións que se opoñen o proxecto 38 son de persoas que non teñen fincas afectadas  e pertencen a unha mesma familia, a oposición, ecoloxistas e outros particulares. Por outra banda houbo 41 alegacións a favor do proxecto baseadas en modificacións puntuais. Despois desta exposición pública deberá redactarse o proxecto constructivo que concluíra con menos de oito vivendas afectadas.

    Telmo Martín abriu de novo a porta a asociación “Ronda Non” afirmando que está disposto a seguir falando, eso si,  sempre e cando non asista o bloque nacionalista galego, xa que este partido ten outros medios para opoñerse o proxecto.

    Redacción Salnés