Xornada case perfecta para os equipos da Preferente Sur

futbol250_080310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur onde se vivíu a mellor xornada do que vai de temporada para os equipos do Salnés. Gañaron todos agás o Ribadumia, que era o único que non xogaba na casa e empatou a domicilio. Derrotas na Terceira de Vilalonga e Céltiga.

{flowplayer}images/salnes/preferente_080310.flv{/flowplayer} 

Volve ós postos de ascenso o Portonovo logo de pasar por enriba do Covadonga (7-0). Nin as importantes baixas de César e Segura en defensa foron impedimento para que os de Rial se levasen con comodidade o triunfo. O gran protagonista do encontro foi Nacho, autor de tres tantos e amo e señor do mediocampo. O partido quedou decidido antes do descanso cando o marcador xa reflectía un claro 3-0. A goleada fíxose escandalosa na segunda metade: Ero, Pablo, Tinaia e Roger, en propia meta, foron os autores do resto dos tantos. Os de Rial son segundoS a xeral a un punto do líder.

Un líder que continúa a ser o Choco que onte deixouse os puntos no Revel ante un gran Sanxenxo (2-0). O plantexamento de partido de Calucho volveu a ser excepcionalmente interpretado polos seus xogadores que completaron un gran partido sobre todo no aspecto defensivo. Cuchi e Iglesias asinaron os dous tantos antes do descanso. Son quintos, a tres puntos do Portonovo.

A esa loita polo ascenso pódese sumar o Arousa, que aínda que está a sete puntos do segundo, o partido que ten pendente ante o Arenteiro podería meterlle cos de arriba. O certo é que onte gañaron ó equipo máis en forma da competición, o Pontellas (1-0), logo de dar unha moi boa imaxe nunha segunda metade na que puideron golear. Ó final un solitario tanto de Álex decidíu en favor dos de Ricardo a un cuarto de hora para o final.

Tamén venceu na casa o Cambados polo que se achega á permanencia, 2-0 fronte o Marín. Os de Carregal tiveron que xogar dende o minuto 15 con dez pola expulsión de Unai. Aínda así, o gran traballo colectivo deu os seus froitos e Álex Cubas con dous tantos deixou uns merecidos puntos en Burgáns.

O único que non venceu esta semana foi o Ribadumia que aínda así mereceu o triunfo ante o Celanova xa que dispuxo de máis e mellores ocasións (0-0). Un punto que os mantén con once de vantaxe sobre o descenso.

DERROTAS DE CÉLTIGA E VILALONGA A DOMICILIO

Pola contra, esta non foi unha boa xornada para os representantes do Salnés na Terceira División. Perderon tanto Vilalonga como Céltiga. Os da Illa no Morrazo fronte o Alondras por un contundente 3-0. Un resultado quizais demasiado abultado para os méritos duns e doutros. O maior acerto de cara a portería do conxunto local decidíu fronte a falta de puntería dun Céltiga que quédase decimosexto, cos mesmos puntos que o Santa Comba, que ocupa praza de descenso.

Moito máis tranquilo viaxa o Vilalonga na séptima posición da xeral, pese a perder onte ante o Ourense no Couto por 2-1. A primeira metade dos de Gabi Leis foi mala e ahí encaixaron os dous tantos. Na reanudación os celestes pasaron por enriba do seu rival e quedáronse as portas da remontada logo de dispoñer de claras ocasións de gol. Manu Rodríguez asinou o tanto do Vilalonga, un auténtico golazo, que foi inútil.

Redacción Salnés