Pasarón terá 4.000 localidades en ambos fondos listos para o domingo

pasaron100_060607.jpgPONTEVEDRA > Os fondos sur e norte do novo estadio de fútbol do Pontevedra estarán listos para esta fin de semana, …

… polo que o equipo granate poderá acomodar neles a uns 4.000 afeccionados.

O estadio de Pasarón contará con 4.000 localidades entre os fondos sur e norte para o partido deste domingo. A empresa ORECO, que executa as obras do novo campo de fútbol do Pontevedra así o confirmou esta mañá, durante a visita que realizaron responsables da Deputación e do Concello de Pontevedra.

As previsións son que unha vez o Pontevedra remate os partidos da fase de ascenso se empece coas obras na zona de tribuna. O Concello indicou que a expropiación dos terreos necesarios xa está adiantada e que non habería problema para executar estes traballos, que levarían de prazo entre seis e oito meses. A empresa afirma que para este domingo, a pesar de seguiren as obras, non haberá problemas de seguridade, e que están en regla os accesos de evacuación tanto cara fóra como cara o terreo de xogo.

A habilitación dos dous fondos permitirá dar cabida á marea granate que se xuntará en Pasarón para darlle folgos ó Pontevedra, no partido de volta da primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda A, contra o Córdoba. O empate sen goles do partido de ida podería beneficiar ó equipo granate.

Redacción Salnés