Ravella presenta a primeira fase de Luz Salgada

    luz_100.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía presentou hoxe o proxecto de execución da primeira fase de Luz Salgada que virá a integrar o río do…

    {flowplayer}barbanza/05032010_luz_salgada.flv{/flowplayer}

     … Con no tramo urbano da cidade.En concreto esta actuación inicial fai referencia ó tramo do río do Con que linda ca Praza de Abastos.

    Estas obras afectarán a unha superficie de algo máis de 6.600 metros cadrados que afectarán a parte da rúa Castelao, ó entorno das vivendas sociais, a rúa García de Caamaño e ó entorno de Vista Alegre. Neste último punto eliminarase a ponte entre a Praza de Abastos e o Cubo e revitalizarase esta contorna arestora degradada; resaltando especialmente a muralla de Vista Alegre mediante unha rebaixa no nivel de rasante do paseo lindeiro. Esta remodelación afectará ás dúas marxes do río do Con.

    O groso desta actuación vai a supoñer unha achega de 912.000 euros. Arestora o proxecto está sendo sometido ós informes técnicos correspondentes de Augas de Galicia e de Patrimonio. O Concello prevé que poida estar adxudicada xa a finais de maio, ca intención de que estea rematada antes de que conclúa esta anualidade.

    O proxecto Luz Salgada prolongarase cunha segunda actuación, nas rúas Castelao e Arcebispo Andrade, unha terceira no entorno do parque da Xunqueira e unha posible cuarta, que correspondería á creación do parking en Fexdega, actualmente en estudio para coñecer a súa viabilidade. Estas fases acometeranse de xeito coordinado con Augas de Galicia, que prantexa un ensanchamento da conca do río. Con todo, o Goberno Vilagarcián é consciente de que a situación actual deste río pasa por solucionar o atranco que supón a nave instalada na súa desembocadura, xa nas autorizacións da Autoridade Portuaria.

    Redacción Salnés