A Bandeira de Traiñas da Deputación da Coruña disputarase en agosto en Cabo de Cruz

BOIRO>  A localidade boirense de Cabo de Cruz acollerá este ano a tradicional Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña. A cita terá lugar o 15 de agosto e nela tomarán  parte un total de 16 clubs da provincia.

Cabo de Cruz acollerá o vindeiro 15 de agosto a tradicional Bandeira de Traíñas da Deputación da Coruña. A proba, na que tomarán parte un total de 16 clubs da provincia, 10 masculinos e 6 femininos, está organizada pola institución provincial en colaboración da Federación Galega de Remo.

Entre os clubs convidados atópanse varios da zona, como é o caso de Muros, Puebla, Rianxo, Náutico de Ribeira e o club anfitrión, Cabo de Cruz. Na competición repartiranse uns 24 mil euros en premios