15 proxectos para crear 68 postos de traballo en 2010

    delfin_vilanova100.jpgVILANOVA> O Subdelegado do Goberno asegurou que entre os proxectos de 2009 e os de 2010, estase crear 158 postos de traballo e unha inversión de máis de tres millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/PLAN_E_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Tras reunirse co alcalde e os portavoces dos grupos municipais, o subdelegado do goberno visitou dúas das obras levadas a cabo en Vilanova no marco do Plan E 2009, cun investimento de máis de 1.800.000 euros. Trátanse das reformas da Praza de Abastos e do edificio para aulas tecnolóxicas. 17 proxectos que xeraron 90 postos de traballo.

    No marco do novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local, Vilanova presentou 15 proxectos de obra, cun investimento de máis de 1.100.000 euros e 68 postos de traballo. Estarán destinados a temas deportivos, tecnolóxicos, de humanización e tecnoloxía. Delfín Fernández asegurou que este novo plan esixe un maior esforzo para os concellos.

     Está previsto que para verán comece a funcionar en Vilanova, un punto de recarga para vehículos eléctricos, cunha inversión de entre 3 mil e 4 mil euros.

    Redacción Salnés