M.Misto busca entre vilagarciáns modelos de pasarela

    fotocastingcopia.jpg VILAGARCÍA> Xente de tódalas idades deuse cita no local de Mister Misto para participar no casting que organizaba esta produtora en colaboración con Zona Aberta.

    {flowplayer}images/salnes/CastingMisterMisto.flv{/flowplayer}

    Xente de tódalas idades deuse cite no local de Mister Misto para participar no casting que organizaba esta produtora en colaboración con Zona Aberta. ¿O obxectivo? Atopar ós protagonistas da campaña publicitaria desta asociación de comerciantes para este ano.

    Míster Misto colaborou xa en anteriores ocasións con Zona Aberta, e ambos coinciden en que o mellor destas campañas é levalas a cabo cos propios veciños de Vilagarcía, que sempre se implican neste tipo de iniciativas.

    Había máis de 70 persoas inscritas, xente de tódalas idades que se foi achegando ata aquí para mostrar as súas dotes para a modelaxe, pois o primeiro evento que se levará a cabo é unha pasarela. Será o vindeiro 10 de xuño. E ademais deste, poucos son os datos que polo de agora queren desvelar.

    Haberá que agardar ata o 10 de xuño para ver o resultado.

    Redacción Salnés