O Partido Galeguista prepara a candidatura para as municipais

    PARTIDOGALEGUISTAGROVE copia100.jpg O GROVE> O Comité Electoral do partido reunirase a próxima semana para configurar o programa e formar a candidatura.

    O Partido Galeguista do Grove acudirá as eleccións municipais do mes de maio. Despois de tomar esta determinación, anunciada a finais da semana pasada, o partido comezará a traballar na elaboración do programa electoral, así como na confección da candidatura e a elección do nome que encabezará as listas, substituíndo ó actual voceiro e tenente alcalde, Alfredo Bea.

    Estes preparativos correrán a cargo do Comité Electoral do Partido, do que na última xuntanza da Xestora Municipal nomeáronse os primeiros responsables. Miguel Devesa Mascato, no posto de presidente, e Francisco Prieto, actual presidente da Agrupación local do Partido Galeguista, e Ramón Parada, como vicepresidentes primeiro e segundo, respectivamente.

    Segundo anunciaron dende o Partido Galeguista, a primeira xuntanza do Comité Electoral celebrarase a mediados da vindeira semana. Será entón cando se fagan públicos os nomes do resto dos membros deste comité, que traballarán para desinar ó candidato a alcaldía meca polo Partido Galeguista na vindeira cita coas furnas.

    Redacción Salnés