A Deputación achega 18.500 a Cáritas Interparroquial de Arousa

    caritas_deputacion100.jpgVILAGARCÍA> A Deputación achegará 18.500 euros a Cáritas Interparroquial de Arousa para contribuír ó seu proxecto Estamos Contigo.

    {flowplayer}images/salnes/convenio_caritas_deputacion.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Deputación de Pontevedra achegará 18.500 euros a Cáritas Interparroquial de Arousa para contribuír ó seu proxecto Estamos Contigo.

    A organización leva cinco anos prestando apoio ás persoas maiores que a pesares de non estar hospitalizadas, carecen da autonomía persoal necesaria para desenvolverse con normalidade. A eles achégase o comedor sobre rodas e un servizo de lavandería, e unha vez por semana reciben a visita dun traballador social ou voluntario.

    Hoxe renovouse o convenio entre Deputación e Cáritas. O vicepresidente provincial José Juan Durán indicou que o acordo busca axudar ós necesitados e resaltar o traballo rigoroso de Cáritas. Durán tamén destacou o traballo e a entrega dos voluntarios de Cáritas e reafirmou a intención da Deputación por seguir contribuíndo con esta e outras iniciativas da organización.

    Redacción Salnés