Un octoxenario perde a vida tras caer ó estanque da súa casa

     VILANOVA> A autopsia esclarecerá as causas da súa morte: se caeu e afogou ou se sufriu un percance anterior a esa caída.

    {flowplayer}images/salnes/HomeFalecidoDeiro_240413.flv{/flowplayer} 

    Un octoxenario de Vilanova perdeu a vida esta mañá na súa vivenda situada na parroquia de Deiro. O home, Julio Franco González, caeu ó estanque que tiña na súa finca contra as seis da mañá. As causas da morte aínda están por esclarecer e é que o falecido sufrira recentemente episodios de amnesia temporal, propiciados por un derrame cerebral.

    Foi o seu fillo e a dona deste os que descubriron o corpo sen vida ás nove da mañá, logo de alarmarse por non atopalo na súa habitación. A hipótese que dende o comezo tomou máis forza é que o home ergueuse desorientado, saíu á finca e por culpa dun novo derrame cerebral caeu ó estanque perdendo a vida.

    Cando se decatou do suceso, a familia chamou de inmediato ós equipos de emerxencias. Ata o lugar desprazáronse Garda Civil, Policía, Protección Civil e servizos medicalizados. Tamén acudiu ata Deiro o forense que levantou o cadáver.

    A autopsia será a que esclareza as causas exactas de Julio Franco González, de 85 anos de idade.

    Redacción Salnés