Un informe da Xunta di que o IES da Illa non ten que ser ampliado

    reunion_xuntacopy.jpgPONTEVEDRA> así llo transmitiu esta mañá o Delegado da Xunta en Pontevedra ó alcalde do municipio e aunha representación da Anpa.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_IES_ILLA.flv{/flowplayer}

    A pesares das múltiples protestas e concentracións, tanto do alumnado coma do profesorado, o informe realizado por técnicos da Consellería de Educación concluíu que o centro non precisa ser reformado.

    Á xuntanza, que se celebrou na Delegación da Xunta en Pontevedra, asistiu o alcalde da Illa, o Delegado da Xunta, representantes da Anpa do centro e técnicos da Consellería. O argumento esgrimido por Cores Tourís, extraído do informe, é que o instituto cumpre cos espazos esixidos pola lei en relación ó seu número de alumnos.

    Ademais, o Delegado explicou durante o transcurso da reunión que realizaron un estudo sobre a poboación da Illa de cara a coñecer cantos alumnos terá o centro nun futuro. Segundo estes datos, o momento adecuado para facela obra sería a partir do 2015 cando se reflexa un aumento de alumnado da ESO. Para elo, Tourís xa lle trasladou ó alcalde do municipio que fora buscando os terreos necesarios para executala obra xa que terá que pór a disposición da administración entre 1500 e 2000 metros cadrados.

    Así mesmo, o delegado da Xunta anunciou á comunidade educativa a posta en marcha de varias obras para solucionar problemas de temperaturas.

    O último asunto a tratar foi a situación do CEIP A Torre. Para este caso en particular, Tourís informou que a unidade técnica comezará a traballar nun estudo no que se analice as súas especificidades e a posibilidade da ampliación do centro.

    Redacción Salnés