O executivo acusa ó PP de querer politizar o conflito dos pasos elevados de Cabo

    pasoselevados_110310.jpgBOIRO> A polémica polos pasos elevados de Cabo de Cruz continúa, tomando xa un cariz político.

    {flowplayer}barbanza/pasoselevados.flv{/flowplayer}

    Os membros do executivo local acusaron ó grupo municipal do Partido Popular de querer orquestrar dende o resentimento un conflito que non é tal, coa única finalidade de desgartar ó equipo de goberno.

    Tanto Xoán Xesús Ares coma Xoán León calificaron a postura do Partido Popular a este respecto de ambigua, tratando de querer aproveitarse e sacar réditos políticos da polémica.

    Aclaracións técnicas

    Acompañando ós membros do executivo bipartito na comparecencia ante os medios atopábase tamén o técnico redactor do proxecto, que se encargou de explica-las razóns que levaron á instalación destes pasos elevados, argumentando que cumpren estrictamente a normativa vixente nesta materia.

    Dende o goberno boirés séguese defendendo a idoneidade deste proxecto, que xa sufriu importantes modificacións atendendo ás propias demandas dos veciños, que reclamaban a mellora da accesibibilizade a espazos públicos e da seguridade vial.

    Redacción Barbanza