1,4 millóns para a rexeneración entre Punta Ferrazo e Vilaxoán

    louro_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O Delegado do Goberno, Antón Louro entregou, esta mañá, o proxecto a alcaldesa vilagarciá, Dolores García, para iniciar a fase de exposición pública.

    {flowplayer}images/salnes/LOURO_EN_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Segundo o delegado do Goberno, a actuación permitirá rexenerar e humanizar unha zona seriamente degradada e castigada pola ocupación privada e por recheos e vertidos incontrolados. O proxecto, supón a creación dun paseo peonil de 819 metros de lonxitude, equipado con mobiliario urbano, áreas de descanso e servizos de todo tipo.

    O paseo contará cunha anchura mínima de 3 metros, aínda que nalgúns tramos pode chegar a 6 metros. Deste modo, procederase a determinados cambios no tráfico. É o caso dar rúa Víctor Pita, que pasará a ter un só carril de circulación. Pola súa parte, a rúa Valle Inclán, contará con dous carrís de circulación de entre 2 e 4 metros de ancho.

    En canto á rede de alumbrado, estará composta por columnas de 9 metros en tramos anexos á estrada, con dous brazos para iluminar simultaneamente, calzada e paseo. No resto utilizaranse columnas de cinco metros.

    O proxecto tamén inclúe a colocación de bancos, papeleiras, e fontes.

     Antón Louro mostrouse moi satisfeito co proxecto e feliz por darlle solución a unha antiga reivindicación.

    A inversión corre a cargo do Ministerio de Medio Ambiente, 1,4 millóns de euros para a execución dunhas obras que van durar 12 meses.

    Redacción Salnés