RIBEIRA> A data elixida para a entrada en vigor desta ordenanza será o verán de 2015, debido ás enormes dificultades que isto traería consigo para os hostaleiros. Conscientes dos cambios que introduce a nova normativa reguladora das terrazas, e dos problemas, fundamentalmente económicos, que isto podería carrexar para os hostaleiros, o concello ribeirense decidiu aprazar ata o verán do ano que vén a entrada en vigor da nova orde. Na última reunión mantida co sector, estes comprometéronse a ir acometendo unha adaptación por fases, de tal xeito que a maior parte das actuacións necesarias para adecuarse á normativa serán realizadas xa no presente ano. O executivo local busca deste xeito unificar criterios e darlle uniformidade ás dúas zonas establecidas. Outro dos asuntos abordados na xuntanza foi o do horario de terrazas durante o verán, que irá en función da licenza, sendo o horario máximo permitido o que se corresponde cos locais que teñen licenza de cafetería.
Inicio Barbanza - Muros - Noia