Abre o terceiro andar do Hospital do Salnés

    bibiano_fernandez100.jpgVILAGARCÍA> O Hospital do Salnés inaugura hoxe o terceiro andar ca ocupación de 16 camas en 8 habitacións dobres.

    {flowplayer}images/salnes/terceiro_andar.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Hospital do Salnés inaugura hoxe o terceiro andar ca ocupación de 16 camas en 8 habitacións dobres. A apertura do novo andar farase de modo gradual, segundo as necesidades do Hospital ata ocupar as 32 camas que alberga o andar de 1.200 m2.

    Dezaseis camas de Cirurxía xeral, emprazadas en oito habitacións dobres, inician a ocupación gradual que se levará a cabo no terceiro andar do hospital do Salnés. Ata o de agora, a demanda de camas non precisaba habilitar estas novas, polo que se agardou ata hoxe para poñer en funcionamento esta parte do hospital. A

     apertura gradual deste novo andar do Hospital, permitirá amais, mellorar a calidade asistencial ás mulleres despois do parto, así como aos bebés, pois un total de dez habitacións de obstetricia do primeiro andar, converteranse en individuais. O Servizo Galego de Saúde, procedeu tamén ao reforzo do cadro de profesionais do centro sanitario ca contratación de 14 traballadores.

    O Hospital do Salnés pretende tamén ser un centro sen papeis polo que médicos e enfermeiras utilizarán uns dispositivos móbiles chamados tablet´s cos que poden acceder á historia clínica dos pacientes. Incluso os carros de enfermaría estarán informatizados. Dúas redes wi fi completan a informatización no Hospital.

    Redacción Salnés