VILANOVA> O optimismo está a marcar os traballos de vendima. Esta semana foi a máis forte da campaña, e os que aínda non comezaran arrincaron cos traballos de recolección da uva. Este martes comezou a súa vendima Pazo Baión, da cooperativa Condes de Albarei.
Sesenta persoas traballarán ao redor de 10 días nos traballos de vendima da finca de Pazo Baión. Os controis dos técnicos a pé de campo deron luz verde, e este martes arrincaron coa campaña.
O bo tempo dos últimos días axudou a rematar no mellor nivel o ciclo de maduración da uva. Tanto que Barral cre que podemos estar ante unha das colleitas máis excepcionais en calidade dos últimos anos. E é que precisamente este é o principal valor que busca Pazo Baión.
As acideces altas de anos anteriores dan paso nesta campaña a medias ou baixas, acompañadas de gradacións que si serán altas. Uns parámetros ideais para obter os mellores albariños.
As previsións son optimistas, pero aínda falta tempo para que o viño do 2016 estea na botella. Por iso, as adegas céntranse nos traballos de recolección. Un ano máis, en Pazo Baión contan con doce traballadores en risco de exclusión social.
Tamén atendendo a este convenio, Pazo Baión doará o 5% da súa facturación anual a programación de atención e prevención da drogodependencia.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/vendima_pazo_baion_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/23/vendima_pazo_baion.mp4{/flowplayer}