Baixa o paro en Galicia e no xeral das Rías Baixas

    O SALNÉS> O paro baixou en Galicia no pasado mes de maio un 2.26 %; o que indica que unhas 6.573 persoas deixaron, de calquera xeito, de figurar nas listaxes oficiais de demandantes de emprego. Desde o Goberno da Xunta facían unha valoración moi positiva destes últimos datos, salientando que está é a terceira baixada do paro no que vai de ano.
     

    {flowplayer}images/salnes/enquisa_paro_maio.flv{/flowplayer} Por comarcas no Barbanza hai 103 parados menos. O Concello no que máis persoas encontraron traballo o mes pasado foi o de Rianxo con 50 parados menos, seguido de Boiro con 34 baixas no INEM. A nota negativa pona o Concello de Porto do Son onde o paro subiu aínda en 15 persoas máis. No Salnés cabe salientar que 630 persoas deixaron de demandar emprego; destas 191 foron en Vilagarcía, seguidos dos 120 novos empregados do Grove. Pola contra no Concello de Pontecesures a baixada apenas acadou a cifra de catro persoas. Nas comarcas de Ulla-Umia e Pontevedra, salientamos a baixa do paro en 10 persoas en Barro, 19 en Moraña, 66 en Poio, 184 en Pontevedra e 74 parados menos en Sanxenxo. Nas rúas da Arousa a baixada era acollida, en xeral, con pouca esperanza pola poboación. A maioría dos cidadáns pensa que aínda é cedo para falar de senda de recuperación do emprego. Os máis pensan que a baixada se debe á chegada do verán.