Mabel Lozano grava un documental cunha mariscadora de Cambados

    documental_marisqueo100.jpgCAMBADOS> Cádiz, Asturias, Madrid e Cambados son algúns dos lugares escollidos pola presentadora Mabel Lozano para gravar un documental.

    {flowplayer}images/salnes/documental_marisqueo.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Cádiz, Asturias, Madrid e Cambados… son algúns dos lugares escollidos pola actriz e presentadora Mabel Lozano para gravar o seu documental ‘Las Sabias de la Tribu’. Estará co seu equipo hoxe e mañá rodando con unha das mariscadoras da Confraría de Cambados.

    O documental dirixido por Mabel Lozano céntrase na nas vivencias de oito mulleres pertencentes a ámbitos distintos, pero cun eixo común: todas son rompedoras, loitadoras, pertencen a unha xeración de mulleres sen estudos, á sombra dos homes e superando mil dificultades. A todas elas, representadas no caso de Cambados por unha mariscadora, Mabel Lozano, failles unha bonita homenaxe.

    No encontro mantido co alcalde esta mañá no Concello, todos coincidiron na boa elección que foi a protagonista desta parte do documental dedicada ás mariscadoras. Elena Vázquez, da Confraría de Cambados, porá de manifesto o matriarcado que aínda existe en Galicia, cheo, segundo a directora, de mulleres fortes, valentes e duras. Para o Alcalde, Luis Aragunde, é un orgullo ter de novo á que considera unha embaixadora do Albariño no mundo.

    Mabel Lozano demostrará con este documental a gran valía dunha xeración de mulleres representada nunha atleta, unha política, unha actriz, unha mestra, unha feminista lesbiana, unha inmigrante, unha universitaria e a nosa mariscadora.

    Redacción Salnés