Os restos da pasarela de Vista Alegre xa están cubertos

    restos_pasarela_vista_alegrecopy.jpgVILAGARCÍA> En contra do acordo plenario, o concello optou por rematalas obras. Os comerciantes seguen en desacordo coa actuación.

    {flowplayer}images/salnes/CUBREN_PASARELA_VISTA_ALEGRE.flv{/flowplayer}

    A pasada semana era aprobado polo pleno da corporación de Vilagarcía a creación dunha venta arqueolóxica sobre os restos da pasarela de Vista Alegre. Daquela, a edil de urbanismo confesaba que as obras se ían rematar igualmente. Hoxe cumpriron coa súa palabra.

    Esta mañá, a empresa concesionario formigonou os restos do muro do século XIX. Actuación que desaprobaron os comerciantes que no seu día pediron a súa posta en valor.

    Conscientes de que o valor histórico non é o máis destacado, consideran que o valor sentimental é suficiente para cumprilo acordo plenario.

    Pola súa banda, o voceiro do Partido Popular, Tomás Fole, tamén quixo denunciar esta situación. Considera que o BNG ten que pedir explicacións ó seu socio de goberno ó tempo que a edil de urbanismo, Tania García, debería presentala súa dimisión.

    Rocío Louzán manifestou, finalmente, o malestar dos comerciantes coas obras de peonalización no centro da vila. Consideran que os prazos se están prolongando demasiado ó que está a prexudicalos negocios da zona. Adiantou que van solicitar unha nova reunión con Tania García.

    Redacción Salnés