Iníciase a ocupación para a autovía Pontevedra – Vilagarcía

    enlace_curro100.jpgMEIS> A Xunta iniciará en breve as tarefas para a ocupación e expropiación dos terreos afectados pola autovía Pontevedra – Vilagarcía, …

    … no seu primeiro tramo, Curro – enlace da costa, nos concellos de Meis e Portas.

    A consellería de Medio Ambiente publicará no DOG a resolución na que se sinalan as datas de convocatoria dos titulares. En Meis, atenderase ós afectados os días 12, 13 e 14 de abril, mentres que en Portas será os días 19, 20 e 21. Segundo a consellería, as obras desta autovía iniciaranse este verán e finalizaranse a mediados de 2012.

    Coa construción do enlace de Curro remodelarase a intersección entre a PO-531 Pontevedra-Vilagarcía e a antiga C-531 en Curro, co obxectivo de resolver os problemas de capacidade e seguridade viaria, e de consolidar os polígonos de Barro e Meis. Este enlace precisa de 2,4 millóns de euros, e a Xunta estima telo rematado no verán de 2011.

    Será a primeira parte das obras da autovía de Curro a Baión, que estará formada por outro enlace a varios niveis que conectará a AP-9 coa autovía do Salnés e as futuras autovías de Pontevedra-Vilagarcía e Pontevedra-Vigo. 

    A Xunta destina 13,7 millóns para esta obra, que afecta ó nó de Curro e a unha área de dous quilómetros. Para isto houbo que expropiar 369 fincas dos concellos de Meis e Barro.

    Redacción Salnés